Tuesday 14 de May de 2024

Santa Cruz de Montaos celebra este sábado O Rosario


Santa Cruz de Montaos celebrará este vindeiro sábado, 8 de outubro, a festa na honra á Virxe do Rosario. A misa solemne será ás 13 horas, seguida dunha animada sesión vermú a cargo da orquestra Alaska. O grupo folclórico Os Pelexos e a orquestra La Fórmula animarán a xornada e a verbena nocturna respectivamente. A organización instalará unha carpa, ademais de repartir queimada de balde entre todas as persoas asistentes a partir da media noite. Tamén haberá polbeira e atraccións para os nenos e nenas.